CxG propón que en Galicia o carné de conducir sexa posible aos 16 anos

O grupo Compromiso por Galicia quere propoñer que o carné de conducir sexa posible aos 16 anos en Galicia. A súa proposta pasa por reclamar as competencias en materia de tráfico e de formación viaria e regular en Galicia unha modalidade de permiso de conducir aos 16 anos. Sería con particularidades e vinculado a unha oferta de traballo, a unha necesidade de formación e tamén a un itinerario profesional formativo que podería servir o sector da autoescola como complemento de negocio na calidade de orientador laboral.
Fundamentan a súa proposición na realidade de que moitos mozos de Galicia teñen que facer moito desprazamento para a súa actividade laboral ou formativa. Alegan, ademais, no seu comunicado, que en países como Alemaña ou Francia xa é posibe, polo que entenden que en Galicia tamén é necesario.