CxG pide a transferencia dos portos galegos xestionados polo Estado
Publicado o 03/01/2019 20:06
Compromiso por Galicia esixe a transferencia dos cinco portos galegos que dependen de Portos do Estado.
A formación política reclama que sexa a Xunta quen xestione a totalidade dos portos galegos xa que estas infraestruturas son clave para a economía. Entenden que o sistema actual non garante que a riqueza xerada en cada porto sexa investida na nosa comunidade. Compromiso por Galicia rexistrará no Parlamento unha iniciativa para que se leve a cabo.