CRTVG

Buscar

CxG non se presentará á repetición electoral en Burela

Publicado o 13/09/2019 15:49

Compromiso por Galicia non se presentará á repetición electoral que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenou nunha mesa do concello de Burela. É o único concello galego que segue en funcións dende maio.

Esta mañá presentaban a renuncia ante a Xunta Electoral, xa que consideran que este proceso non garante os mesmos dereitos a todos os veciños. Só 630 terán que volver votar. Lembremos que a repetición electoral farase tras un recurso presentado polo partido Burela Sempre tras a desaparición de seis votos nulos.

Noticias web

13/09/2019