CRTVG

Buscar

CxG critica a Pontón por excluílos da súa proposta de debate

Publicado o 18/03/2019 20:17

O BNG reclama un debate co PP, En Marea e PSdeG para as eleccións xerais. Unha proposta criticada por Compromiso por Galicia, que acusa o Bloque de "excluíntes" por non contar coa súa formación, que tamén concorre ás xerais. A voceira do BNG rexeita a polémica e entende que o debate debe ser plural.

Orlando Villamayor, secretario de Organización de CxG: "O que non é de recibo é que o BNG diga que non estamos autorizados a presentarnos ás xerais cando eles non teñen presenza no Congreso en Madrid. Ata agora eles estiveron facendo política en Galicia dun xeito radical, baixo o noso punto de vista, e excluínte".

Ana Pontón, voceira nacional do BNG: "Os criterios da representación teñen que ser sempre os máis amplos posibles e democráticos. Eu creo que aí hai unha praxe que xa está establecida e que supoño que será a mesma que se aplicará neste tipo de debates. Hai unha Lei electoral que di que ten que haber un pluralismo e como non imos estar a favor do pluralismo?".

Noticias web

18/03/2019