Curva á alza en Ourense tras o aumento das xuntanzas e dos movementos da poboación
Publicado o 15/12/2020 14:29
A de Ourense, con 436, é a área sanitaria galega con menos casos activos. Pero preocupa a curva que despois de varias semanas á baixa, agás hoxe, leva seis días medrando.
Os concellos da provincia de Ourense con maior incidencia agora son Verín, A Rúa e sobre todo Sarreaus, con máis de 4.000 casos por 100.000 habitantes. Na cidade, tras rozar os 100 casos activos, volveron dispararse os contaxios despois da ponte ata os 142 de hoxe.
O movemento da poboación e o aumento das xuntanzas, tras o alivio das restricións na véspera da ponte, están detrás desta inversión da tendencia en Ourense, segundo a xerencia da área sanitaria.
Fan un chamamento a estreitar os contactos, para protexernos e no Nadal protexer os nosos.