CRTVG

Buscar

Curtis impulsa un programa de voluntariado para acompañar os maiores que viven sós

Publicado o 12/01/2020 14:15

Curtis ten unha poboación duns 4.000 habitantes. Máis de mil superan os sesenta e cinco anos. O concello vai poñer en marcha o programa "Ao teu carón", un plan de acompañamento para as persoas maiores que viven soas. "Que poidan gozar dunha vellez digna, que conten con estimulación, orientación, que se lles poida axudar en todo o posible", explica a concelleira de Igualdade, Eva Lata.

Participarán profesionais e voluntarios que queiran compartir parte do seu tempo cos maiores. Procurarán estimulalos e crear con eles vínculos que os manteñan conectados á sociedade. "Ao teu carón" é un programa complementario ao servizo municipal de axuda no fogar. Uns cen maiores participarán no proxecto, aberto á colaboración de máis voluntarios.
 

Noticias web

12/01/2020