CRTVG

Buscar

Curtis duplica os casos activos en menos dunha semana e sitúase en risco extremo

Publicado o 30/08/2021 15:09

A de Curtis é unha situación que se repite en diferentes municipios do interior despois de mediados de agosto. Festas patronais, xuntanzas familiares e encontros máis ou menos multitudinarios parecen ser a orixe dun incremento explosivo de infeccións que afecta, maioritariamente á xente nova. O alcalde, Javier Caínzos, explica que "polos datos que nos remite Sanidade e a propia xente infectada, o gromo ten orixe en Melide e afecta maioritariamente xente nova".

De feito, esta mañá era practicamente imposible ver pola avenida principal da vila ningunha persoa menor de 30 anos. Moitos están confinados, ao seren contactos estreitos de algún dos 38 positivos que se rexistran a día de hoxe. A reacción da veciñanza móvese entre o desgusto e a comprensión.

O certo é que ao cribado realizado o venres no centro de saúde só acudiron 75 dos 450 mozos de entre 15 e 30 anos convocados. Alí afloraron tres casos positivos máis. Desde o concello chaman á prudencia e xa prevén un endurecemento das restricións.

Noticias web

30/08/2021