CRTVG

Buscar

Cursos de tracción animal en Allariz para promover o seu uso nas hortas

Publicado o 30/06/2019 14:15

Xa non é nada habitual utilizar animais para facer os traballos do campo. Os tractores e a maquinaria ocupan a meirande parte da paisaxe agrícola en Galicia. Con todo, unha asociación traballa a nivel europeo para promover a utilización da tracción animal adaptada aos tempos. Estes días imparten un curso en Allariz para os interesados, ata alí achegáronse agricultores non só de España e Portugal, senón tamén de México ou Inglaterra.

De seguro que esta imaxe chama a atención de moitos nas súas casas, sobre todo dos nosos maiores. Houbo tempo no que os animais formaban parte da nosa paisaxe agrícola, pero a chegada da maquinaria supuxo un antes e un despois que deixou relegado o seu traballo a tarefas moi concretas. Unha asociación traballa mesmo a nivel europeo para recuperar e promover a súa utilización no campo.

E xa é sabido que non hai mellor xeito de aprender que o de escoitar e levalo despois a práctica. Así que hoxe nesta aldea de Allariz os animais recuperan todo o protagonismo.
A iniciativa chamou a atención mesmo de agricultores e asociacións non só de España e Portugal, tamén de Inglaterra e mesmo de México.

A non utilización de gasóleo, ter un medio de traccion durable no tempo e respectuoso co medio ambiente, evitar a compactación do terreo, ou facer marcos de plantación mais estreitos son algúns dos beneficios din, de traballar deste xeito.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/06/2019