CRTVG

Buscar

Curso de intelixencia emocional para enfermos crónicos en Ourense

Publicado o 11/06/2019 21:18

Celébrase hoxe no Complexo Hospitalario de Ourense un curso de intelixencia emocional para enfermos crónicos. 

Todos os días ten que vir Carlos ao hospital a facer diálise. Diagnosticáronlle insuficiencia renal con 25 anos. Foi un shock.

Despois de 31 anos convivindo cunha enfermidade crónica aprendeu a levalo o mellor posible, di. Pero todo fai falta. Hoxe asiste ao curso que a Federación Alcer Galicia celebra no CHUO sobre intelixencia emocional. O primeiro é identificar o que se está a sentir, pórlle nome a emoción para poder xestionala.

Outros xeitos de mellorar, facer técnicas de relaxación, de distracción, meditación... E lembra que non hai emocións malas e boas, que non hai que negalas nin deixarse desbordar por elas, dilles a psicóloga que todas teñen unha finalidade, que hai que saber se está equilibrada co que queren conseguir.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019