CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Curso de ilustración científica no Museo do Mar de Galicia, en Vigo

Publicado o 03/07/2018 21:40






---
Apaixonados da bioloxía e das artes reúnense estes días no Museo do Mar de Galicia nun curso de Ilustración científica que na súa cuarta edición recunca en Vigo. Cinco días intensos en que aprenden técnicas para poder usar imaxes coma ferramenta de divulgación científica.

Houbo un tempo en que as únicas imaxes que había da natureza eran as que saían das mans dos propios científicos. Nin fotografías, nin vídeos... o único xeito de dar a coñecela eran as ilustracións dos propios homes e mulleres do que estaban a observar. A ilustración chega onde as novas tecnoloxías non poden, e niso consiste 'Ilustrando a ciencia', o curso que se imparte no Museo do Mar de Vigo. Biólogos e profesionais do deseño aprenden as técnicas para reflectir a natureza a base de trazos.

inserto biólogo
inserto estudante

Cinco xornadas para aprender os segredos de facer ilustracións con grafito, tinta e acuarela, tomando como modelo a fauna mariña das nosas costas.


inserto Miquel Baidal
Inserto Clara Cerviño

A ilustración como ferramenta divulgativa para achegar a ciencia á sociedade.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

03/07/2018