CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Curso de defensa persoal para mulleres

Publicado o 08/07/2017 14:44

Estímase que unha de cada tres mulleres no mundo padece ao longo da súa vida algún tipo de agresión, ben sexa maltrato, violación, abuso ou mesmo acoso.

Esta mañá celebrouse en Vigo un taller de defensa persoal para mulleres, para saber saír ilesas dunha agresión e para incrementar a súa autoestima.

Esta muller está repelendo un ataque con arma branca. Estoutra aprende a defenderse do seu agresor co seu pé tras caer o chan. Estamos nun curso de defensa persoal para mulleres onde aprenden mecanismos de defensa contra calquera tipo de agresión na súa vida cotiá.

Un curso no que participan 50 mulleres e que pretende facilitar os recursos necesarios de protección ante situacións de risco. Utilizan para iso o seu corpo e ao mesmo tempo fortalecen a súa mente con autoestima e seguridade.

Os seus organizadores aseguran que este tipo de técnicas pode levalas a cabo calquera muller independentemente da súa idade ou condición física. A de hoxe foi toda unha lección de defensa, seguridade e autoestima. Todas coinciden en que o éxito chegará cando ningunha muller as teña que poñer en práctica.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí