CRTVG

Buscar

Curro Torres pide paciencia, aínda que recoñece que non ten moito tempo

Publicado o 10/01/2020 18:35

Tras a peor derrota do Lugo como local, Curro Torres avisa: non vai ser un camiño doado. "Comprender e entender que é o que queremos dentro do terreo de xogo supón un proceso. Non temos o tempo necesario para poder facerlo dun día para outro. Temos que ter certa paciencia con eles, pero á vez esixirlles que cada día ten que ser unha nova oportunidade para mellorar e para seguir avanzando no que queremos."

Borja Domínguez comezará a rehabilitación os vindeiros días despois de ser operado este venres da rotura do ligamento cruzado do xeonllo esquerdo. A intervención foi un éxito, segundo o parte médico facilitado polo club. "A baixa de Borja é unha baixa para nós importante. Queremos facer as cousas ben e, sobre todo, se temos que comprar alguén, tratar de non fallar. Que sexa o xogador que se necesita para que nos poida como nos podía axudar Borja neste caso", comentou o técnico do equipo lugués.

O Lugo xogará o mércores no campo do Raio Vallecano.
 

Noticias web

10/01/2020