Curro Torres: "É o partido máis importante da temporada"
Curro Torres non pode se máis claro. O domingo ante o Elxe o Lugo xoga unha final: "Eu creo que ó partido máis importante que temos da temporada, estamos nun momento onde queremos eses tres puntos si ou si e estamos diante da nosa xente", asegura o técnico.
O club sabe da importancia do partido e por iso lanzou unha campaña para encher o Anxo Carro. Logo do acontecido ante o Estremadura, o equipo de Curro Torres volve á casa e quere sentir a calor dos seus: "Que todo o mundo remememos na mesma dirección e que arrimemos o ombreiro e que nos sintamos protexidos polo menos por nós xa que noutros ámbitos xa temos dificultades dabondo agora hai que remar todos na mesma dirección".
Curro Torres anuncia un Lugo intenso ante o Elxe. E mándalle unha mensaxe aos seus xogadores: "Correr, traballar, ser intensos, iso é innegociable e estarán no campo os que creamos que o van facer, se algún non o fai sairá do campo"
O Anxo Carro prepárase para un encontro de alta voltaxe