CRTVG

Buscar

Curro Torres non mellora a imaxe do Lugo

Publicado o 05/01/2020 12:48

O plan de Curro Torres durou dez minutos. Cunha alineación continuista, entregou o equipo aos veteranos e o erro do Seoane pùxo o partido costa arriba. Co 0-1 de Darwin Núñez o Almería moveuse como mellor sabe, coa rapidez de xogadores domo Muñoz, o propio Núñez e Lazo. Ben é certo que o Lugo tivo opcións para p empate, que incluso mereceu durante uns minutos, coas ocasións de Alex López e Jose Carlos.

O segundo gol do partido, de Muñoz, no minuto 42 deixu definitivamente fundifdo ao Lugo, que viviu un suplicio constante no segundo tempo. Muñoz e Darwin Núñez volveron aliarse para marcar o terceiro e un ex do Lugo Jose Carlos Lazo deixou a pegada da súa calidade co cuarto da tarde, marca da casa, que conlevou o xesto de respeto do xogador e o aplauso dos afeccionados lucenses. O 0-4 foi un castigo enorme.

Traballo... a palabra máis repetida no epílogo dun día aciago, que devolveu o Lugo a posicións de descenso nove xornadas despois.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/01/2020