CRTVG

Buscar

Curro Torres estréase como adestrador do Lugo: "Espero sacar un bo resultado contra o Almería"

Publicado o 03/01/2020 21:30

O pasado domingo dirixiu o primeiro adestramento, seis días despois estreáse na liga. Curro Torres aspira a que se note a súa man e que dea para puntuar contra o segundo clasificado, o Almería de Guti.
Curro Torres: "Que se vexa o traballo no campo e sacar un bo resultado que nos dea confianza"
Quere que o Lugo recupere o balón, a identidade e a autoestima: "Que recuperen a identidade e que saiban o grandes que poden ser como xa o foron. E tamén somos responsables de enganchar á afección"
Pero a presión clasificatoria tamén xoga. O Lugo rematou a primeira volta con Eloy Jiménez un punto por riba do descenso. O perigo está aí..

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2020