CRTVG

Buscar

Curro Torres: "As concentracións prexudicarían os futbolistas"

Publicado o 27/05/2020 21:16

Curro Torres, sobre a volta da liga o 12 de xuño: "Nin cedo nin tarde. Temos que adaptarnos. Temos moitísimas ganas, pero unha preparación normal non é".

A mellor noticia para o Lugo é que non sufriu ningunha lesión, a punto de completar a terceira semana de adestramentos. E xa non hai o medo dos primeiros días.

Curro Torres: "O que pasa na rúa trasládase tamén aquí. Pouco a pouco imos sacando esa psicose".

Por iso ao adestrador do Lugo lle custa admitir a idea das concentracións no contexto actual.

"Sería prexudicial para os futbolistas".

O horario das cinco da tarde tampouco convence en Lugo, que hoxe rozou os 30 graos.

"Non é a hora ideal para xogar porque vai ir calor".

O Lugo parte desde os postos de descenso e coa mentalidade de que a liga se vai completar.

Curro: "Non cremos que a competicion vaia parar, senón que se vai xogar todo e temos que saír da situación en que estamos".

O primeiro partido, aínda sen data concreta, é na casa dun rival directo, o Rácing de Santander.

Noticias web

27/05/2020