CRTVG

Buscar

Curro Torres, adestrador do Lugo: "Despois do confinamento non se dan as mellores condicións para volver competir"

Publicado o 02/04/2020 20:58

A intención de retomar a liga a toda costa suscita dúbidas entre os profesionais, despois de case tres semanas confinados.

Curro Torres, adestrador do Lugo: "Despois deste parón non se dan as mellores condicións para volver a competir"

Con valentía porque hai riscos para a saúde dos futbolistas. Unha pretemporada normal dura mes e medio sen a esixencia de empezar a tope.

"Uf... é unha situación complexa. Se hai que xogar cada 48 horas ou tres partidos por semana... É fundamental poder ter una minipretemporada."

Se a situación se prolonga, o adestrador do Lugo ten claro como debería acabar a temporada.

"Habería que considerala como unha temporada nula, sen ter en contra nin a primeira nin a segunda volta"

O Lugo tería once partidos por diante para saír do descenso e salvar a categoría.

Noticias web

02/04/2020