Zigzag Diario
Curiosidade e vidas imaxinarias desde Allariz na nova editorial Aira
Publicado o 19/02/2018 17:03
"Aira Editorial é unha fábrica de soños. Un punto preciso onde a imaxinación se converte en belezas de papel. Publicamos libros bonitos, interesantes, que namoren desde a capa ata a derradeira liña".
Así se presenta na redes sociais Aira editorial. A proba témola sobre a mesa, as tres primeiras publicacións. Dalgunha, desta 'Curiosidade' de Estíbaliz Espinosa, xa falamos no 'Zigzag', pero hoxe, ademais, temos o director de contidos da editorial, César Lorenzo.