CRTVG

Buscar

Fai un mes da desaparición da viguesa Sandra Romay

Publicado o 03/01/2018 21:27

A aparición do cadáver de Diana Quer fai que outras familias de desaparecidos renoven esperanzas e esforzos en atopar os seus. Hoxe fai xusto un mes da desaparición da viguesa Sandra Romay. A muller, de 42 anos, fora á Coruña o pasado 3 de decembro visitar uns familiares e xa non volveu.

A familia está desesperada porque non teñen novas sobre ela, malia os esforzos da Policía Nacional por atopala. Sandra vive en Vigo cos seus dous fillos menores de idade e atravesaba un momento delicado de saúde. A última vez que a viron vestía cazadora e pantalón vaqueiros e levaba unha mochila rosa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018