CRTVG

Buscar

Fai un ano do primeiro ingreso por covid-19 na UCI de Ourense

Publicado o 16/03/2021 14:59

Hai un ano Luis cruzaba as portas do CHUO para ingresar na UCI enfermo de coronavirus.

Non sairía ata mes e medio despois, cando lle deron a alta xunto á súa muller. Daquela empezou outra parte complicada da enfermidade.

Luis foi o primeiro contaxiado por covid-19 que ingresou na UCI no hospital de Ourense. Por iso son moitos os sanitarios que lembran claramente o seu paso polo CHUO.

Di que non lembra nada do seu paso pola UCI, que todo clarea algo máis cando chegou a planta. E que transcorrido un ano de todo aquilo só ten palabras de agradecemento para os sanitarios e unha mensaxe de prudencia para a sociedade.

Noticias web

16/03/2021