CRTVG

Buscar

Fai un ano da morte dun neno de tres anos en Santiago presuntamente asfixiado polo seu tío

Publicado o 21/09/2021 14:28

Foi contra as 8 da tarde do 21 de setembro cando no interior dunha vivenda da rúa Loureiros de Compostela Santiago Cepeda, que estaba xogando cos seus sobriños, presuntamente asfixiou o pequeno de 3 anos. Un ano despois continúan as incógnitas sobre este suceso que afectou a unha coñecida familia compostelá.

Santiago Cepeda, de 41 anos, na actualidade en prisión preventina no penal de Teixeiro, sufría doenzas mentais e depresión tras padecer un tumor cerebral e varias intervencións cirúrxicas na cabeza. Circunstancias que fixeron pensar que unha posible crise psicótica o levara presuntamente a asfixiar o seu sobriño. Un extremo descartado no informe forense do Instituto de Medina Legal de Galicia.

A defensa mantén un trastorno mental como a causa do suceso do que o presunto autor asegura non lembrar nada. A familia do pequeno renunciou a presentarse como acusación particular no caso, aínda en fase de instrución.

Pola súa banda e tras o informe do IMELGA, tanto a acusación popular exercida pola Fundación Amigos de Galicia como o Ministerio Público afástanse da teoría do trastorno mental transitorio, polo que malia estar o delito aínda pendente de cualificación definitiva, poderían cualificar os feitos como asasinato.

Noticias web

21/09/2021