Fai oito anos da morte de Asunta Basterra, a nena asasinada polos seus pais en Santiago
Publicado o 21/09/2021 13:25

Este martes é o aniversario da morte de Asunta Basterra, a nena de 12 anos asasinada polos seus propios pais en Santiago no ano 2013. Dáse a circunstancia de que dentro de poucas semanas, o 18 de novembro, fará un ano tamén da morte de súa nai, Rosario Porto, que apareceu aforcada na súa cela do cárcere de Brieva, en Ávila.
O seu marido e pai de Asunta, Alfonso Basterra, cumpre condena no cárcere de Teixeiro. Ambos os dous proxenitores foran sentenciados a 18 anos de cadea. O caso tivera unha enorme repercusión social e mediática.