CRTVG

Buscar

Fai dez anos da morte de Michael Jackson

Publicado o 25/06/2019 21:43

Aínda que para moitos sexa inmortal, hai dez anos xa destas imaxes. Dez anos sen el pero con el, co seu legado de éxitos, de lembranza imborrable, de dúbidas e controversia pero, por riba de todo, dalgúns dos mellores momentos do pop.

Autor da música como espectáculo, do espectáculo na música e deste paso de baile, o afamado moonwalk, un paso que acabaría converténdose no seu sinal de identidade. Compositor, cantante e bailarín non por casualidade Michael Jackson sería para sempre o Rei do Pop, unha coroa que aínda non parece atopar sucesor.

Quizais foi por este vídeo, Thriller, que o cambiou todo no formato videoclip, ou tal vez por estoutro Man in the mirror, cheo de mensaxes sociais e número 1 aínda despois da súa morte. Se cadra por promover a unidade racial en Black or White, ou quizais foi simplemente porque nunca saberemos se existiu ou non Annie de Smoth Criminal.

Michael Jackosn comezou a cantar con dez anos, hoxe o mesmo número de anos, dez, recórdanos que xa non está entre nós. Porén ese mundo, o mesmo que a icona musical quería que fose "un lugar mellor para todos" é un mundo onde, dez anos despois, malia o cuestionado e o cuestionable, Michael Jackson segue a soar e a bailar.





 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019