CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Fai 90 anos da estrea de "O cantor de jazz"

Publicado o 06/10/2017 17:17
... Cúmprense 90 anos da estrea de "o cantor de jazz", a primeira película rodada con son e diálogos sincronizados ... Desde ese día, o cine cambia de xeito radical, sobre todo nas comedias musicais ...

... A película unicamente contén dous minutos de diálogo con son. É a historia do fillo dun xudeo ultraortodoxo de Nova York, que canta nos bares sen que o saiba seu pai, e acada o éxito logo de moitas penurias ...

... A obra teatral xa fora un enorme éxito en Broadway anos atrás ... O papel protagonista interpretouno Al Jolson, un actor branco que tiña a faciana pintada de negro e os beizos de branco. Naquela época, moita xente racista non soportaba ver a un negro real actuando no escenario, e para non ferir a súa sensibilidade, os actores maquillábanse dese xeito ...

... Na cinta, Jonson cantaba música de raíces afroamericanas ... Entusiasmou á audiencia polo que de aquela consideraban "vitalidade e sex appeal" dos seus xestos ...

... A Warner, produtora da película, pasaba entón por graves problemas financeiros, solucionados en parte polo gran éxito que "o cantor de jazz" obtivo en taquilla ...
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

06/10/2017