CRTVG

Buscar

Cúmprense 25 anos do primeiro servizo de mensaxería telefónica, o SMS

Publicado o 06/12/2017 12:37

A popularidade de aplicacións máis novas relega a mensaxe de texto de 150 caracteres polo teléfono móbil, o SMS, cáseque ao esquecemento 25 anos despois.

O servizo deseñado en 1992 por un enxeñeiro finlandés converteu en líder do sector a empresa Nokia. En dez anos, apareceron os emoticonos e unha nova linguaxe comprimida. En 2012, a chegada doutras aplicacións máis completas relegou o seu uso só para os que seguen preferindo a confidencialidade entre emisor e receptor. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2017