CRTVG

Buscar

Fai 25 anos do penalti de Djukic

Publicado o 14/05/2019 21:45

Fai 25 anos do coñecido como penalti de Djukic.

"Sinto unha gran tristeza por esas xentes da rúa que eu vía todos os días, os luns, os martes. Esa xente maior, eses nenos que tiñan unha ilusión tan tremenda. E eu pensaba que os podiamos desilusionar porque podía pasar isto"dixo aquel día Arsenio Iglesias, adestrador do Deportivo aquela temporada.

25 anos despois, Carlos Ballesta, o escudeiro de Arsenio naqueles tempos, é o custodio da memoria do vello profesor. Hai momentos que semella que Arsenio fala a través del. 

"Falar hoxe do penalti de Djukic para min é motivo de alegría. Dentro desta tristeza tan grande que tivo aquel día, para min engrandeceu este club", comentou Ballesta.

Tras o partido, invasión. Os xogadores alcanzaron o vestiario con dificultades porque a afección non os deixou sós. Non houbo reproches, nin arrepentimentos. Arsenio quedou en Riazor ata ben entrada a noite, acompañado por dous dos seus fieis, a xerente Berta Vales e Ballesta, e polo silencio.

"Eramos tres persoas, sentados alí no palco de Riazor, coas luces todas apagadas. Simplemente había silencio. Ese silencio dicía moito máis que todas as palabras que se puideran dicir", lembrou Ballesta.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019