Cúmprense vinte anos da traxedia de Castelo de Paiva
Cúmprense 20 anos dunha das maiores traxedias na historia recente de Portugal: a caída da ponte de Castelo de Paiva. A vila de Castelo de Paiva nun volveu ser a mesma porque a dor que ese accidente causou hai 20 anos é imposible de esquecer para os familiares das vítimas. Morreron 59 persoas, si, pero é que 36 continúan desaparecidas.
A ponte colapsou no momento en que cruzaban dous turismos e un autobús cheo de veciños de Castelo de Paiva que volvían dunha excursión para ver as amendoeiras en flor tan coñecidas nesta zona.
A potencia con que baixaba o río Douro levou ás 59 persoas ata a desembocadura no Porto, a 50 quilómetros. A traxedia foi tal que horrorizou tamén o noso país; algúns dos cadáveres foron atopados na costa de Camariñas días despois, levados polas correntes, que os transportaron mesmo á costa de Francia.