Fanse 100 anos da declaración como monumento nacional da igrexa de Santa Comba de Bande
Publicado o 11/08/2021 15:38
En Bande están a conmemorar o centenario da declaración da Igrexa de Santa Comba como monumento nacional.
Esta mañá celebrouse un acto institucional no adro da igrexa e inaugurouse unha exposición sobre este templo de catorce séculos de antigüidade.
Actuacións musicais, teatro e xuntanzas de veciños completan as celebracións nesta valiosa alfaia da época suevo-goda.