CRTVG

Buscar

Fai 10 anos do WhatsApp como o rei da comunicación virtual

Publicado o 25/02/2019 21:18

Parece que foi onte, pero xa levamos unha década utilizando o WhatsApp, unha aplicación que mudou totalmente o xeito de comunicarse na sociedade. Tanto é así que moitos mozos non imaxinan unha vida social sen el. 

É a rede social máis e mellor valorada en España con 25 millóns de usuarios. Moitos deles son mozos que non entenden a vida sen el, sobre todo os millennials, pero cada vez máis xente maior usa esta aplicación para non perder opcións nesta era tecnolóxica e para seguir conectados á sociedade.

A aplicación foise transformando e do texto pasamos aos audios, ideais para os reis da oratoria. No 2015 entraran as chamadas de voz e as videochamadas en 2016. Novas formas para adaptarse a cada usuario, aínda que moitos pensan que perdemos tempo e interacción na vida real.

Pero as mentiras tamén prenden mecha no WhatsApp. Por iso, a rede social anunciou esta semana que limitará a capacidade dos usuarios para reenviar mensaxes co obxectivo de frear a difusión de informacións falsas nunha rede social que xa conta con 1.500 millóns de usuarios en todo o mundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019