CRTVG

Buscar

CricktoGame, o primeiro vídeoxogo que chega a Nintendo en galego

Publicado o 30/11/2019 14:58

En Culturgal reúnense expositores, artistas, empresas e públicos na gran cita da cultura do país. Ademais dos 80 stands dedicados ó libro, música, teatro, audiovisual, infantil ou tecnoloxía, Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os 3 días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis.

Videoxogos, tamén en galego. CricktoGame é o primeiro que chega a Nintendo na nosa lingua.

A emerxente cultura dixital é a nova protagonista de Culturgal, a grande feira da cultura en Galicia que chega á súa décimo segunda edición. 

En cada recanto do Recinto Feiral de Pontevedra acontece algo. Por aquí aparece unha poeta que repasa 20 anos de escritura.

Polo norte vén unha institución que busca cómplices.

E todos traen as súas estreas a este escaparate.

O prato forte, a despedida de Marful por todo o alto e na compaña de Sabela Ramil resérvase para a noite. Culturgal seguirá ata o domingo en Pontevedra.

 

Noticias web

30/11/2019