CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Cultura tenta o regreso a Galicia da pintura de Castelao, 'A derradeira leición do mestre'

Publicado o 19/01/2018 21:26
'A derradeira leición do mestre', de Castelao nunca saira do Centro Galicia de Bos Aires e agora visita por primera vez terras galegas para ser mostrada nunha exposición sobre Castelao na Cidade da Cultura.










"A derradeira leición do mestre", pintura imprescindible de Castelao, sairá por vez primeira da Arxentina rumbo a Galicia, grazas a un acordo de cesión temporal entre a Xunta e o Centro Galicia de Bos Aires, propietario da obra.
Un fito co que moitos galegos poderan coñecer unha parte fundamental do valioso patrimonio forxado na emigración.

O terceiro andar do Centro Galicia de Bos Aires custodia unha das obras máis icónicas de Castelao: 'A derradeira leición do mestre", un óleo de dous metros de altura pintado polo rianxeiro na Arxentina en 1945 e que está baseado nunha das estampas do libro "Galicia Mártir".

José María Vila Alén - Presidente do Centro Galicia de Bos Aires
"É unha obra moito máis valiosa que unha obra pictórica, é un símbolo".

A entidade cederalle durante seis meses a pintura á Xunta, pendentes da autorización das autoridades arxentinas para a saída transitoria do país desta obra única.

José María Vila Alén - Presidente do Centro Galicia de Bos Aires
"Os galegos da Galicia territorial consideramos que tamén teñen o dereito de vela, de apreciala e de tela fronte a sí".

'A derradeira leición do mestre" exporase por primeira vez en Galicia no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a finais do 2018, no marco dunha mostra sen precedentes sobre Castelao.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

19/01/2018