Cultura salienta a minuciosidade dos traballos que se realizan nas cubertas e as torres da catedral de Santiago
Publicado o 01/06/2021 16:33

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou este martes as obras de rehabilitación das cubertas da catedral de Santiago e as torres da Vela e do Tesouro. Román Rodríguez salientou a calidade e minuciosidade técnica dos traballos que permitirán a renovación integral das cubertas.
As obras contan cun orzamento de catro millóns de euros e forman parte dun programa de colaboración entre institucións. A Xunta ultima un programa de rehabilitación dos templos catedralicios de Galicia de aquí ao 2027.