CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Cultura destina 470.000 euros a recuperar a catedral de Ourense

Publicado o 08/06/2013 21:26


A catedral de Ourense recibirá preto de medio millón de euros da Consellería de Cultura. Anunciouno hoxe o conselleiro despois dunha xuntanza co Bispo de Ourense. Un investimento destinado a rehabilitar a Capela de San Xoán, o Pórtico do Paraíso e resolver os problemas de humidades que afectan ao templo dende hai anos.

Eliminar os problemas de humidades que afectan dende hai anos, á catedral de Ourense, na fachada norte, rehabilitar a capela de San Xoán pra poder abrila de novo ao público, e restarurar o Pórtico do Paraíso. Son as intervencións que xa este ano comezará a executar a Consellería de Cultura no templo. Tras unha xuntanza co Bispo da diócese Leonardo Lemos, o conselleiro Jesus Vázquez, anunciou un investimento de 470 mil euros para a conservación do monumento catedralicio ourensán.

O conselleiro destacou o compromiso da Xunta coa posta en valor do patrimonio ourensán. E tamén anunciou que Cultura aportará este ano 87.000 euros para a primeira fase de rehabilitación da capela dos Remedios, que este verán hai tres anos que quedou totalmente calcina por un incendio. Jesús Vázquez animou ás institucións implicadas na súa rehabilitación: Xunta, Concello, Deputación e Bispado a traballar en común para recuperar un dos emblemas marianos da cidade de Ourense.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí