CRTVG

Buscar

Culpan a Caixa Galicia da creba das caixas galegas

Publicado o 06/10/2020 09:01

Contundente informe da Sala do Penal da Audiencia Nacional sobre a creba das caixas de aforros en Galicia. Apunta directamente á entidade e á mala situación económica e financeira en que se atopaba antes da fusión que acabou facendo perder ao Estado, din, oito mil millóns de euros. É máis, os tres maxistrados sinalan que Caixanova nunca sería intervida se non fose instada a fusionarse coa entidade coruñesa.

Basean esa afirmación en varios informes do Banco de España en que se cuestiona a viabilidade de Caixa Galicia como entidade independente e nos que pola contra, si que se abría a posibilidade de que Caixanova seguise operando en solitario, malia que con algunhas dificultades.

Noticias web

06/10/2020