CRTVG

Buscar

Culpable de homicidio o autor do crime de Triñáns, en Boiro

Publicado o 12/12/2019 20:15

O xurado declara culpable de homicidio doloso o acusado do crime de Triñáns, en Boiro.
O suceso ocorreu en xullo de 2017. Segundo considera probado o xurado, Samuel estaba pasando uns días na casa de Carmen Dieste. Na madrugada do 31, discutiron e o home acoitelouna.
A fiscalía pediu para el 9 anos de cárcere.


 

Noticias web

12/12/2019