CRTVG

Buscar

Culleredo prepara un bando para organizar as saídas dos menores á rúa

Publicado o 22/04/2020 20:12


Os detalles do decreto que regulará as saídas dos nenos aínda non se coñecen, pero si se sabe que parques infantís e zonas deportivas seguirán a ser espazos vedados para eles. Tendo isto en conta en Culleredo decidiron elaborar un bando con recomendación para que esas saídas á rúa sexan o máis ordenadas posibles.

O bando recomenda que as saídas se organicen por horas e portais pares e impares.

Os nenos poderán sair a pé acompañados dun só adulto. Deberán buscarse espazos abertos e terán permitido dar un paseo cerca do seu domicilio por un espazo de tempo prudencial.

O bando inclúe tamén outras recomendacións como que nos edificios de varios pisos se utilice as escaleiras en lugar do ascensor e que se evite tocar os pasamáns. Ao tratarse dun borrador poderá incluír modificacións cando se coñeza o decreto do Goberno central.




 

Noticias web

22/04/2020