CRTVG

Buscar

Cuarto día de corentena dos 17 mariñeiros de Burela

Publicado o 19/11/2020 13:37

En Burela continúan confinados os 17 tripulantes do pesqueiro que deron positivo, pero presentan síntomas leves. Cumpren xa o seu cuarto día a bordo do Adviento Uno sen que ninguén tivese que ser trasladado a un centro sanitario.

Algúns deles reclaman que se lles fagan probas aos mariñeiros antes de saír ao Gran Sol e tamén din que preferirían completar a corentena en terra. Malia todo, subliñan que o fundamental é ter precaución para non contaxiar as persoas do seu contorno.

Noticias web

19/11/2020