Cuarto asalto á man armada a un supermercado almacenista na provincia de Pontevedra
Xa poderían estar localizados os autores dun atraco á man armada nun supermercado almacenista de Sanxenxo. Anda a Garda Civil atrás deles. Son dous encapuchados que entraron cunha escopeta e unha pistola, e levaron toda a recadación nun coche negro. No que levamos de ano esta cadea leva catro atracos, un por mes. O 'modus operandi' repítese, así que as detencións poden chegar axiña.
Dous encapuchados chegaron pouco antes do peche a este supermercado de Sanxenxo no lugar de Forxán en Adina. Chegaron nun vehículo negro e apuntando cunha pistola e unha escopeta reduciron un par de persoas que alí había. Casualmente un deles era un cliente que posúe este bar fronte ao supermercado. Tardaron en se decatar de que non era un empregado do Cash.
Levaron toda a caixa do día e fuxiron. Axiña apareceu a Garda Civil en catro coches patrulla. Os que estaban na zona nunca imaxinaron un atraco a man armada.
No que vai de ano houbo catro atracos destas características a esta rede de supermercados, un deles foi neste de Vigo. Por iso, segundo algunhas fontes, os atracadores poderían estar xa identificados e as detencións poderían estar próximas.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí