CRTVG

Buscar

Cualedro solicita a declaración de zona de emerxencia polos danos causados polas treboadas

Publicado o 18/07/2019 12:40
Cualedro solicita a declaración de zona de emerxencia polos danos causados polas treboadas

O Concello de Cualedro solicita a declaración de zona de emerxencia polas treboadas que afectaron a zona hai dez días. Dende o ente local cifran en 400.000 euros os danos en infraestruturas públicas, aos que hai que sumarlles outros 100.000 máis polos estragos que afectaron a particulares. Os máis cuantiosos, os que se rexistraron nunha granxa de ovellas.

Cualedro únese así á solicitude aprobada por Monterrei hai unha semana, onde os danos superaron os dous millóns de euros. O prazo para reclamar axudas polos estragos está aberto aínda ata comezos de agosto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019