CRTVG

Buscar

Bos días

CSQP pide a comparerencia de Puigdemont apelando ao regulamento da cámara

Publicado o 06/10/2017 09:17

O grupo de Cataluña Si que es Pot esquiva a suspensión do Constitucional e solicita a comparecencia en pleno de Carles Puigdemont para o 9 de outubro, despois de que o Constitucional anunciase a suspensión do pleno solicitado por Junts Pel SI e a CUP, e no que se podería declarar a independencia.

A solicitude que rexistraron onte 'comúns' ampárase no artigo 169 do regulamento da propia cámara e non na Lei do refendo na que basearon JxS e a CUP a súa convocatoria. E aquí está o quid, porque a petición dos 'comúns', ao non aplicar as leis de ruptura suspendidas, podería permitir a celebración dese pleno dentro da legalidade. Iso é o que van analizar esta mañá na Mesa do Parlamento, despois de que a anterior convocatoria de Junts pel Si e a CUP fose suspendida polo Constitucional, ao considerar os riscos dunha Declaración Unilateral de Independencia.

No grupo de CSQP amósanse contrarios á DUI, pero tamén foron moi críticos coa decisión do Constitucional, e cren que Puigdemont debe explicarse.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/10/2017