CRTVG

Buscar

Cruzamento de denuncias tras a agresión nun combate de boxeo en Vigo

Publicado o 20/03/2017 20:31

A versión da delegada da Federación Galega de Boxeo é que o pai dun púxil lle deu un puñazo primeiro. O home, antigo boxeador, asegura que empurrou a muller despois de que ela lle dese labazadas

O enfrontamento entre unha delegada da Federación Galega de Boxeo e o pai dun púxil, acontecido esta fin de semana en Vigo despois dun combate, sáldase con denuncias mutuas de agresión e inxurias.

A versión dela é que el lle deu un puñazo primeiro, cando ela mesma e o médico que estaba presente no serán, tentaban apartar o home do seu fillo, que estaba semiinconsciente tras o asalto. O home, antigo boxeador, asegura que quería atender persoalmente ao seu fillo e que empurrou á muller despois de que ela, supostamente, lle dese labazadas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017