CRTVG

Buscar

CRTVG convida as principais forzas políticas galegas a un debate electoral o luns 23 de marzo

Publicado o 20/02/2020 08:30

• Farase na sede dos medios públicos en San Marcos, en horario de máxima audiencia

 

Imaxe do debate electoral de setembro de 2016

A Corporación de Radio e Televisión de Galicia convida as principais forzas políticas do país a participaren nun debate electoral na sede dos medios públicos, en San Marcos, o vindeiro luns 23 de marzo e en horario de máxima audiencia.

A Corporación, na súa función de servizo público, reafirma o seu labor de trasladar de forma clara e plural as iniciativas dos diferentes grupos a todos os galegos no arranque da campaña electoral.

Desde que se publiquen as candidaturas definitivas que acudirán aos comicios, a CRTVG poñerase en contacto cos representantes dos grupos políticos para achegarlles o seu plan de cobertura completo e para ter un encontro de traballo.

A CRTVG emitirá este debate das eleccións autonómicas 2020 de forma simultánea na TVG, na Radio Galega e nos seus soportes dixitais.

O debate será accesible en lingua de signos. Ademais, facilitarase o sinal do evento a todos os medios interesados na súa difusión.

Sobre o convite ao debate electoral que se vai celebrar nesta casa tamén falaron o BNG e o PsdeG. Os nacionalistas amosáronse encantados pola celebración do debate. O líder dos socialistas galegos tamén confirmou que asistirá.

Alberto Núñez Feijóo tamén asegurou que estará nese debate do luns 23 de marzo.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí