CRTVG

Buscar

Cronoloxía do triplo asasinato de Valga

Publicado o 17/09/2019 15:44

Jose Luis Abet remata ás seis da mañá a súa quenda de traballo nunha fábrica situada en Padrón e diríxese ao lugar de Carracido, á casa que compartiu con Sandra Boquete ata o momento da separación. Agarda fóra e ás oito da mañá entra na vivenda familiar aproveitando que se abre o portal. Sandra saía no coche, ía traballar, os fillos estaban con ela e tamén a nai e a irmá, que eran as que a axudaban co coidado dos pequenos cando ela marchaba.

O primeiro disparo ás oito, remata coa vida de Sandra. Segundo relatan os veciños, os seguintes disparos efectuáronse 10 minutos despois. Foron xa dentro da propiedade.

Escapa do lugar no seu coche, os pequenos son recollidos por uns veciños que alertan tamén a Garda Civil. Son as oito e doce minutos. Diríxese a Ames, á casa da nai, coa que vive dende a separación, e dende alí, ás nove menos dez, chama ao cuartel da Garda Civil do Milladoiro para confesar os asasinatos. Antes desfixérase da arma tirándoa ao río Tambre.

Ás nove da mañá foi detido e trasladado ao cuartel do Milladoiro primeiro e despois á comandancia da Garda Civil en Pontevedra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019