CRTVG

Buscar

'Cromática 2020' xa se pode visitar en Ourense

Publicado o 16/07/2020 21:39


Defínese 'cromática' como aquilo relativo ou pertencente ás cores. E a cor é precisamente o primeiro que nos atrapa en 'Cromática 2020'. Cor, arte e talento nunha bienal que en Ourense é tamén unha oportunidade.

Cor para un David Bowie que nos mira e que nos vai cantar no resto das pezas. Nas de amor en tempos de pandemia .... nas de amor enmascarado .... nun atorretrato da artista .... ou na propia pandemia. Son só un exemplo das 45 obras que enchen de arte as paredes do Museo Municipal. Un premio do xurado e outro do público daralles folgos para seguir. Hai tanta variedade como calidade e intención.

E ata o 3 de setembro viven, conviven e exprésanse en Cromática 2020; aberta para todos, este ano tamén de xeito virtual.
 

Noticias web

16/07/2020