CRTVG

Buscar

Croacia xogará a súa primeira final no Mundial tras impoñerse a Inglaterra na prórroga (2-1)

Publicado o 11/07/2018 22:38

 

Croacia xogará a súa primeira final no Mundial tras impoñerse a Inglaterra na prórroga (2-1)

Croacia clasificouse por primeira vez na súa historia para a final da Copa do Mundo ao impoñerse por 2-1 a Inglaterra tras unha prórroga, á que se chegou grazas a un tanto de Ivan Perisic, e na que sentenciou Mario Mandzukic.

O dianteiro do Inter de Milan, moi rápido para adiantarse á zaga inglesa, equilibrou aos 68 minutos o temperán tanto de Kieran Trippier (m.5), que bateu a Danijel Subasic dun certeiro lanzamento de falta.

Na prórroga un toque de cabeza cara atrás do propio Perisic aproveitouno o infatigable Mandzukic para asinar o 2-1 e meter a Croacia na final do domingo, tamén no estadio Luzhniki de Moscova. A selección balcánica, que disputaba a súa terceira prórroga seguida, tras eliminar tras senllas quendas de penaltis a Dinamarca e a Rusia, enfrontarase na final a Francia, que o martes venceu a Bélxica por 1-0.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018