CRTVG

Buscar

Croacia métese por vez primeira na final dun Mundial tras vencer a Inglaterra

Publicado o 12/07/2018 21:43

Croacia, un país con 4 millóns de habitantes, disputará o domingo ante Francia a súa primeira final nunha Copa do Mundo. Así chegaban os xogadores ao seu hotel tras eliminar a Inglaterra por 2 goles a 1 na prórroga. Croacia está sendo a selección con maior resistencia. Xenética dun tempo recente, a destes xogadores, que tiveron unha infancia envolta na guerra dos Balcáns. En Zagreb ninguén se perdeu o partido. Sufrimento e ledicia. Croacia alcanza a final tras superar tres prórrogas e dúas tandas de penaltis.    

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018