CRTVG

Buscar

Un hostaleiro da Illa de Arousa recibe críticas negativas por esixir que se cumpran as normas

Publicado o 18/03/2021 15:04

"Desproporcionado e pouco tolerante", así cualifican os clientes dunha cafeteria da Illa de Arousa neste comentario nas redes sociais o feito de que o hostaleiro lles pedira que puxesen a máscara. Testemuñas do momento aseguran que os clientes estaban incumprindo as normas.

O comentario propiciou que a rede one foi publicada lle reste un punto positivo. Porén a resposta do hostaleiro, que prefire non facer declararcións, recibiu centos de apoios pola súa responsabilidade tanto a través das redes coma dos clientes ou outros compañeiros do sector. 

Critican a irresponsabilidade da xente que con estas actitudes pon en perigo a saúde do resto dos clientes e o negocio. O hostaleiro agraviado agradece os apoios recibidos polo que considera un acto de responsabilidade cos seus clientes e co sector.

Noticias web

18/03/2021