CRTVG

Buscar

Críticas a Sánchez por dicir que "non durmiría" se tivese que gobernar con Podemos

Publicado o 20/09/2019 15:17

"Sería un presidente do Goberno que non durmiría pola noite, xunto co 95% dos cidadáns deste país que tampouco se sentirían tranquilos, incluso votantes de Unidas Podemos. Por iso, non aceptei esa proposta que me fixo o señor Iglesias".

Así se expresaba Pedro Sánchez na súa primeira entrevista concedida tras o anuncio da repetición electoral.

Hoxe respondíalle o propio Iglesias. "Pois pode cambiar o colchón da Moncloa todas as veces que queira pero creo que non hai que faltarlle ao respecto á xente, porque hai xente no noso país que sofre moito, entre outras cousas porque non hai goberno. Querer ter todo o poder para poder durmir ben. Cometín un erro grave, confiar na palabra de Pedro. Pedro mentiume", declaraba o secretario xeral de Podemos nunha entrevista.

Tamén o PP cre que Sánchez mentía sobre as súas intencións. Para Cuca Gamarra, "o seu único obxectivo eran unhas novas eleccións. Dorme estupendamente, a perna solta, o único que lle importa é o seu ego e a súa soberbia, e España queda por debaixo".

E críticas tamén dende o PNV. Aitor Esteban non entende como Pedro Sánchez "vai durmir sabendo que imos a eleccións e que a desaceleración económica se está confirmando".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019