CRTVG

Buscar

Críticas a Naomi Campbell por levar un vestido que simula un balazo

Publicado o 25/09/2019 14:54

A modelo británica Naomi Campbell volveu xerar controversia, a consecuencia dun estilismo que luciu durante a Semana da Moda de Londres. Trátase dun vestido branco cun falso furado de bala e sangue, creado pola deseñadora nixeriana Mowalola Ogunlesi.

Varios colectivos de vítimas de arma branca do Reino Unido consideran que esa peza frivoliza a violencia que representa ese balazo.

O diario Daily Mail recolle algunhas desas críticas. Entre elas a de Jack Crozier, irmán dunha nena de 5 anos, vítima dun masacre en 1996.

"As vítimas da violencia armada non poden quitar as cicatrices -explica- da forma en que a modelo pode quitar o vestido".

Tamén se pronunciou Lucy Cope, fundadora do colectivo das Nais contra as Armas no Reino Unido, quen considera que levar un vestido así "é un insulto para cada persoa cuxo fillo foi asasinado".

Unha polémica que se suma a outra recente, cando Campbell asistiu á festa do 90 aniversario de Gaston Glock, un multimillonario fabricante de armas.

A modelo e a deseñadora deféndense asegurando que o vestido, que forma parte da coleción Coming for Blood, é unha declaración artística, que pretende desafiar a mente das persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019