CRTVG

Buscar

CriteriaCaixa e a Fundación Bancaria 'la Caixa' trasladan a súa sede social a Palma de Mallorca

Publicado o 07/10/2017 12:21

• Trátase do holding industrial que controla Gas Natural e Caixabank.

O holding industrial CriteriaCaixa, sociedade participada ao 100% pola Fundación Bancaria 'la Caixa', comunicou que o Padroado da Fundación decidiu trasladar a súa sede social a Palma de Mallorca "en tanto se manteña a actual situación en Cataluña".

En concreto, o Padroado da Fundación, na súa condición de accionista único de CriteriaCaixa, xustifica esta decisión para manter os intereses e a operativa normal da entidade", e di que se prolongará "en tanto se manteña a actual situación en Cataluña", segundo explicou nun comunicado remitido á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Doutra banda, o consello de CaixaBank volveuse a reunir esta mañá e informou de que decidiu, por unanimidade, trasladar o domicilio social á rúa Pintor Sorolla, 2-4, de Valencia, dando nova redacción ao apartado 1 do artigo 4 dos Estatutos Sociais".

O banco utilizou o decreto aprobado onte polo Goberno e publicado esta mañá no Boletín Oficial do Estado (BOE) que facilita o cambio de sede social ás empresas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2017